REFRANEIRO LABREGO DA REXIÓN BERCIANA (2ª PARTE),

por Xabier Lago Mestre, colectivo Fala Ceibe do Bierzo,

falaceibe@yahoo.es

 

REFRANEIRO DO MES DE ABRIL:

"En abril augas mil, pero que caiban todas nun barril" (pola xusta caída de augas).

"Se queres ovellas mil, rapa en abril; se queres ovellas catro, rapa en marzo".

"Cando entra o sol en Aries, crecen os días e múdanse os aires".

"En abril augas mil" (O Bierzo é un país moi chuvioso).

"Choiva para vos todo o ano, e para min en abril e maio" (malos desexos para os demais).

"Entroido o sol, Pascua o tizón".

"Se queres ter bon millo, por San Marcos (28 de abril) nin nacido nin no saco.

"Mañás de abril, deixa de máis durmir" (polas mañás de moita chuvia).

"Se o cuco canta o vinte de abril, é que está enfermo ou vai morrer".

"Pascuas marcíais, fames e mortandades".   

 

REFRAIS DO MES DE MAIO:

"Corre maio polo pan, e detrás vén S. Xoán, e detrás Santa Mariña para segar a gabeliña"

"Polo San Matías (14 de maio), igualan as noites cos días".

"En maio quima a vella o tallo" (tronco de partir leña).

"Pascuas marcíais, famentas ou mortais".

"Chova en maio, anque non chova en todo o ano".

"Maio granaio, xuño segaio e xullo maiaio" (referencias mensuais ao gran, á sega e á maia).

 

REFRAIS DE XUÑO.

"En San Xoán as dez con día dan" (porque escurece máis tarde).

"Augas de San Xoán (24 de xuño), quitan viño e non dan pan".

"San Antoño (13 de xuño), San Antoñin, garda o nos rebañín".

"Ata san Antón, Pascuas son"

"Por S. Xoán (24 de xuño) a sardiña molla o pan" (pola abundancia deste peixe na alimentación).

 

REFRAIS DO MES DE XULLO.

"Por Santiago (25 de xullo) pinta o vago" (porque xa hai froitos maduros).

"Por Santiago fai o segado, para ti e para o gando".

 

REFRANEIRO DO MES DE AGOSTO.

"Se non chove en agosto, non hai magosto" (as choivas boas para os castiñeiros).

"Agosto  fina o rostro".

"Por Santa Mariña (14 de agosto) vai ver a túa viña, e se mal a atopas, mal a vendimarás".

"En agosto secan os montes e en setembro secan as fontes".

"Por San Lorenzo (10 de agosto) recóllese o orégano para que non arda a casa".

"Por San Bartolo (24 de agosto) planta o repolo".

"O que non mallou que mallara, que agosto xa pasou, auga para os nabos".

 

REFRAIS DO MES DE SETEMBRO:

"Pasada la Encina (8 de setembro), o inverso xa está enriba".

"San Miguel (29 de setembro), ponme a alma no peso do ben".

"En setembro, sembra e cobre".

 

REFRAIS BERCIANOS DO MES DE OUTUBRO:

"Por San Simón (28 de outubro) quita os bois do timón".

"Xa chega san Simón co seu varalón (vento forte)".

"Polo San Lucas (18 de outubro) mata o teu porco e baña a túa cuba".

"Hasme vir á cava, e einche dar da barbada (parte do cerdo)"

 

REFRAIS DO MES DE NOVEMBRO:

"O mes de novembro é o mes de tres irmaus: mocos, tos e friu nas maos".

"Polos Santos, neve nos altos e por S. Andrés (30 de novembro) na porta a verás" (primeiro a neve chega ás montañas e logo baixa de altitude ata os pobos).

"Se queres fino allo, seméntao por San Martiño (11 de novembro)".

"Por San Andrés corderiños tres".

"Por San Andrés, o viño novo feito é" (chegada do viño).

"Polo San Martiño (11 de novembro) faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".

"Ben boa vida pasa o porco e máis dorme no cortello".

"O que non mata porquín non ten lacón nin toucín".

"Alegría, alégrote que anda o rabo da porca no pote".

"Polo San Andrés (30 de novembro) mata o teu porco como o teis".

 

REFRANEIRO BERCIANO DE DECEMBRO.

"Santa Lucía (13 de decembro) saca da noite e mete no día".

"Pola Santa Lucía mengua a noite e crece o día".

"Teme máis á veciña, cá neve macelina". 

 

BIBLIOGRAFÍA.

Manuel Gutiérrez Tuñón: "Refranes galaico bercianos", en Estudios Bercianos, IEB, 1990.

Santiago Castelao Diñeiro: Refraneiro berciano, Lancia, 1991.

Dieguez Ayerbe: Etnografía y folklore de las comarcas leonesas. El Bierzo. 1884.

Manuel Rodríguez y Rodríguez: Etnografía y folklore del Bierzo Oeste-Suroeste.

 

O Bierzo, novembro de 2009.

www.obierzoceibe.blogspot.com