Publicidad:
La Coctelera

obierzoceibe

6 Abril 2006

FALA CEIBE DO BIERZO, A VANGARDA VINDICATIVA.

FALA CEIBE, A VANGARDA RECLAMATIVA

Área de comunicación Fala Ceibe.

A asociación cultural Fala Ceibe naceu en 1998 como reacción á pasividade do movemento galeguista no Bierzo daquela. Concentrou as súas actividades reivindicativas en Ponferrada, no intento por crear a alternativa ao eixe Corullón-Vilafranca, e contaxiar culturalmente ao resto da rexión berciana. Ademais a proxección reclamativa dende Ponferrada demostrouse máis eficaz para a difusión ideolóxica, tanto no territorios comarcal e provincial coma nas Comunidades Autónomas de Castela e León e Galicia.

Fala Ceibe pretendeu dende o primeiro momento acadar unha posición de vangarda dentro do movemento reclamativo comarcal, así como ostentar a representatividade da comunidade galegofalante do Bierzo.. Cando non chegamos a pactos co resto de colectivos galeguistas, Fala Ceibe tirou para diante soa. Este foi o caso da nosa iniciativa polo recoñecemento do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León, conseguido a fines do 1998, que necesitou dos contactos con partidos estatais e cos nacionalistas galegos. Outros grupos que non nos apoiaron por tal actitude política logo tiveron que aceptar os bos resultados finais. Este caso denotou unha vez máis a crise interna do movemento galeguista no Bierzo.

Fala Ceibe é unha organización resistente e loitadora que procura a integración dos autodenominados galegos e bercianos. O noso debate autónomo permítenos non depender ideoloxicamente das directrices que emanan doscentrosde poder político e académico de fóra do Bierzo, ao contrario que acontece con outros colectivos. Exemplo disto son as desputas polo uso das normativas lingüísticas do galego; Fala Ceibe respecta estatutariamente este liberdade de expresión plenamente e psas das imposiciois que outros líderes fomentan. Esta concepción aberta da reclamación permite o establecemento de negociaciois estratéxicas con todos, por principio non estamos pechados a ninguén. A nosa principal arma é o diálogo, e non rexeitamos o cara a cara cos que nos consideran erroneamente como perigosos por cuestionar as estruturas políticas,territoriais, culturais, etc establecidas polos diversos poderes dominantes.

Fala Ceibe quere dar resposta ás necesidades culturais da comunidade galegofalante do Bierzo. Velaí a oferta anual de actos culturais (consolidamos a celebración do Día das Letras Galegas), recollida de libros galegos para as bibliotecas públicas, demanda de ensino do galego nos centros escolares, investigaciois histórica, filolóxica, xurídica... proxección de cine en galego, mantemento da nosa web (www.falaceibe.tk), subministración de información galega aos medios de comunicación, propostas de recoñecemento do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León e no Estatuto de Comarcalización do Bierzo, queixas ante os defensores do pobo (eswtatal e autonomícos) e nos foros políticos (Europarlamento, Cortes Xerais, e Parlamentos autonómicos), cartas informativas aos concellos sobre o uso administrativo do galego e recuperación da toponimia berciana, etcétera.

En fin, Fala Ceibe propón pasar un chisco de tanto debate teórico, nos niveis intelectual e elitista, caso de certos foros de internet pechados, só para os da mesma corda galeguista. A nosa reivindicación proxéctase por outras corredoiras, máis populares, máis bercianas, na procura do diálogo social aberto, tamén cos que nos consideran inimigos, porque confiamos na nosa capacidade de convencemento progresivo a través do noso activismo acotío. Por iso damos a cara nos foros bercianos, demostrando coa verba razonada que non nos apoucamos por falar en galego, aínda que sexamos minoría entre os internautas locais. E algo semellante facemos co noso traballo de rúa (buzoneo, cartelería e demais), xa que este activismo é a chave para fuxirmos do illamento social, burocrático e informatizado, á vez que revitalizamos a necesaria popularización do galego. Mentres outros nos critican sen xeito, nosoutros actuamos, únete xa a Fala Ceibe do Bierzo!.

Área de comunicación

Fala Ceibe do Bierzo.

Apdo. 257, 24400 Ponferrada

falaceibe@yahoo.es

www.falaceibe.tk

servido por obierzoceibe sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

obierzoceibe todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera