Publicidad:
La Coctelera

obierzoceibe

4 Abril 2006

CRONOLOXÍA DA REBELIÓN DO CONDE DE LEMOS NO BIERZO

CRONOLOXÍA DA REBELIÓN DO CONDE DE LEMOS CONTRA OS REIS CATÓLICOS NO BIERZO.

Por Xabier Lago Mestre

A sucesión no Condado de Lemos, trala morte de Pedro Alvarez Osorio no castelo de Cornatelo (1483) , deu lugar ás desputas entre o seu neto Rodrígo Enríquez e a súa filla Juana Osorio, casada con Luis Pimentel (dos Condes de Benavente). Conflicto sucesorio que finalmente provocou unha verdadeira guerra civil no Bierzo, e na que se viron implicados tanto a nobleza galega e castelá coma os propios Reis Católicos.

-Xuño 1484, Sentencia arbitral que determina a saída de Rodrigo a Galiza, entregaba Ponferrada ao oficial real Jorge Avendaño e cartos para as fillas do conde morto.

-Primavera 1485, o conde Rodrigo cerca a vila e o castelo de Ponferrada, defendido polo capitán real Jorge de Avendaño, que finalmente cae preso.

-Marzo 1485, os RRCC ordenan aos alcaides das fortalezas do conde de Lemos que as entreguen á Coroa.

-Abril 1485, cartas reais aos condes de Benavente, Luna, Rivadavia e Monterrei para que armasen un exército, e para facer levas da Irmandade en Galiza, Asturias e León.

-Abril 1486, Compra polos RRCC a vila de Ponferrada a Juana Osorio por 23 millois de maravedís, co consentimento do conde de Benavente que estaba emparentado coa dita Juana. Esta ademais recibe a concesión do Marquesado de Vilafranca do Bierzo.

-Abril 1486, derrota dos partidarios do conde galegoberciano no cortixo de Vilafranca, avance das tropas reais sobre Carracedo e cerco do castelo de Valboa.

-Xuño 1486, cartas aos corrixidores de Toro, Zamora, Carrión, Sahagún e Salamanca para que remesen tropas conque reforzar o cerco de Ponferrada.

-Xuño 1486, sinatura da concordia co conde de Lemos que implica a devolución dos castelos de Ponferrada, Valboa e Sarria. Rodrigo mantén o condado de Lemos coas súas posesiois na Galiza, mentres que os bens bercianos pasan a Juana Osorio, á que se lle concede o marquesado de Vilafranca do Bierzo.

-Agosto 1486, o conde de Lemos réndese e entrega as fortalezas anteditas. Xustifica a súa rebelión como defensa ante as acciois agresivas do conde de Benavente.

-Outubro 1486, perdón ao conde de Lemos polos RRCC dende Compostela, posteriormente, coa volta ao Bierzo dos monarcas, confirman o perdón real na propia vila de Ponferrada.

-Febreiro 1487, Juan de Torres é nomeado como alcaide do castelo, corrixidor da vila de Ponferrada e da Provincia do Bierzo.

Os gastos bélicos derivados da rebelión do conde de Lemos supuxeron para a Coroa de Castela 9 millois de maravedís, máis os 23 millois pagados por Ponferrada.

Este conflicto sucesorio debe inserirse na política dos RRCC de sometemento da levantisca nobreza galega, entre outros, Pedro de Miranda e o mariscal Pardo de Cela (morreron axustizados), o Conde Camiña e demais. Tamén a Coroa tivo que reconciliar ás enfrontadas linaxes veciñas do marquesado de Astorga e conde de Luna, mediante a correspondente voda pactada, que resultou moi custosa para os Reis (3 millois de maravedís de dote). Pola outa banda, a creación do marquesado de Vilafranca do Bierzo levaba implícito o acordo de impedimento de intromisión do conde de Benavente no seu goberno, para evitar novos problemas co conde de Lemos. Este non perdeu a esperanza de recuperar o seu patrimonio galegoberciano, velaí a posterior ocupación de Ponferrada en 1507.

servido por obierzoceibe sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

obierzoceibe todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera